Noya regresa quinto ao calendario ITU na Copa do Mundo de New Plymouth
Por Sofía Lorenzo
Cun día asollado celebrouse a Copa do Mundo de New Plymouth en Nueva Zelanda. Data importante no calendario deportivo internacional, pero tamén no español, posto que o galego Javi Gómez Noya regresaba ao calendario ITU. E fíxoo, unha vez máis, destacando e no top 5 da competición.
A proba elite masculina deu comezo ao redor das 13:15 (hora local, 2:15 da madrugada do domingo en España). A feminina desenvolveuse tres horas antes.
Noya finalizou os 750 metros do traxecto a nado na vixésima oitava posición, a 34 segundos do máis rápido, o eslovaco Richard Varga. Tras os 23 segundos que empregou na primeira transición, comezaron o 20 quilómetro de ciclismo. Na primeira subida sobre a bicicleta, prodúcese un reagrupamento formado por 23 homes, entre os que se atopaba Javi Gómez. Finalmente, o triatleta chegou á segunda transición no vixésimo posto e con 10 segundos que remontar no seguinte tramo.
Os 5 quilómetros de carreira a pé foron o gran aliado de Noya, que cun parcial de 14:39 completaría a súa proba de regreso ao calendario ITU como quinto mellor (56:18), a só sete segundos do vencedor, o australiano Lucas William (56:11).
No grupo feminino, a italiana Angelica Olmo coroouse campioa cun tempo de 1:03:27, seguida pola suíza Jolanda Annen e a australiana Jaz Hedgeland.
A próxima cita do triatleta galego, será coas Series Mundiais, o 27 de abril en Bermuda. Ademais, confirmou a súa asistencia ao Mundial de Longa Distancia de Pontevedra, que se disputará o 4 de maio.
Relacionadas:
-
Yokohama, segunda parada do ano para Gómez Noya nas Series Mundiais
Por Redacción |
-
Brillante medalla de prata para Gómez Noya en Bermuda na súa volta ás Series Mundiais
Por Diego Espiño |
-
Volta ás Series Mundiais para Gómez Noya antes de competir en Pontevedra
Por Redacción |
-
Gómez Noya sobre o ITU Multisport de Pontevedra: "Se este Mundial fose en calquera outro lugar posiblemente non o correría"
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya pon data para a súa volta ao calendario ITU, a Copa do Mundo de New Plymouth
Por Redacción |
-
Gómez Noya arrasa no Ironman 70.3 disputado en Australia
Por Redacción |