Balance positivo para os arqueiros galegos no Campionato de España de Tiro con Arco
Por Redacción
O Campionato de España de Tiro con Arco Tradicional e Nu baixou o pano despois de dous días de intensa competición nas intalaciones do Casino Mercantil, onde os arqueiros galegos deixaron o seu selo con catro podios nas distintas categorías.
A competición, organizada polo Club Boa Vila, contou con numerosa presenza de público e preto de 150 deportistas dos diferentes puntos da xeografía española.
A representación galega logrou colgarse un ouro, o do coruñés Daniel Blanco, dous platas con Eugenio Casal e Teresa Veira, e un bronce con Inmaculada Santamarta.
Pola súa banda, a local Concha Gómez logrou coarse nas eliminatorias na súa modalidade pero non puido acceder ás roldas finais.