Marín estrea subida automobilística
Por Redacción
A emoción do automobilismo chega esta fin de semana a Marín, escenario da primeira Subida Concello de Marín.
A cita, puntuable para o Campionato Galego de Montaña, celebrarase o sábado 30 de marzo e o domingo 31 baixo a organización da Escuadra Torres Competición.
Desde as 9:00 da mañá deste sábado 30, os 67 automóbiles participantes estará situados na zona do aparcadoiro situado detrás da Estación de Autobuses, para realizar as verificacións técnicas.
Xa pola tarde ás 15:30 empezarán os adestramentos oficiais e ás 17:30 a primeira manga cronometrada oficial das dúas previstas para a primeira xornada, no tramo que terá saída xunto ao Ecoparque en dirección cara ao Lago de Castiñeiras.
A I Subida Concello de Mrín completarase o domingo 31 con adestramentos ás 9:30 horas e outras dúas mangas cronometradas desde as 11:30 horas.
Desde o Concello pediron a todos os afeccionados que non esperen ata última hora para acceder ao circuíto e que respecten sempre as medidas de seguridade impostas pola organización.