A Xunqueira acollerá a reunión anual das escolas de rugby de Galicia
Por Redacción
O Pontevedra Rugby Club organizará este sábado 30 de marzo a súa Concentración de Escolas de Rugby Anual, que vén acollendo nos últimos anos.
Nesta ocasión a iniciativa desenvolverase nos campos da Xunqueira, onde está previsto recibir a máis de 400 nenos e nenas dos diferentes clubs galegos.
Confirmaron a súa participación os clubs Os Ingleses de Vilagarcía, Club de Rugby Lalín, Vigo R.C, CRAT de A Coruña, Asociación Valentes-Lobos de Santiago de Compostela, Muralla RC, Ourense RC, Ferrol RC e Fendetestas RC.
Ademais acudirá como convidado o Real Grupo de Cultura Covadonga de Rugby.
Toda unha xornada de convivencia e exaltación do rugby e os seus valores que se desenvolverá antre as 11:00 e as 14:00 horas.