O Waterpolo Pontevedra golpea primeiro na semifinal polo título galego
Por Redacción
Nunha tempada irregular, en boa medidas por diferentes baixas no equipo, o Waterpolo Pontevedra alcanzou o seu mellor estado de forma no momento clave, cando se decide o título da Primeira División Galega.
Afastado dos primeiros postos na competición regular, e tras superar a eliminatoria de cuartos de final do play-off, os pupilos de Javi de Sáa colocáronse a un partido de plantarse na final autonómica.
Os pontevedreses golpearon primeiro na semifinal ao mellor de tres partidos que lles enfronta ao CN Coruña, ao derrotalos no primeiro partido da serie celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra por un tenteo de 14 goles a 10.
O partido estivo moi igualado desde o principio, con alternancias no marcador de vantaxes mínimas para ambos os equipos durante os 3 primeiros cuartos. Ningún equipo lograba distanciarse en máis dun gol, ata que no último cuarto os locais deron o último arreón para levar o primeiro punto da eliminatoria.
A pesar de adiantarse, agora o Waterpolo Pontevedra debe rematar a faena na Coruña, onde se xogarán os dous seguintes encontros en caso de ser necesario, xa que o seu rival goza de vantaxe de campo ao clasificar mellor na primeira fase da liga.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra vence na Coruña e plántase na final da Liga Galega
Por Redacción |
-
A semifinal ligueira entre Waterpolo Pontevedra e Coruña vaise ao terceiro partido
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra ofrece formación sobre igualdade de xénero no deporte
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra avanza a semifinais da Liga Galega
Por Redacción |