O Voleibol Pontevedra pecha a súa tempada caendo con honra na Coruña
Por Redacción
A tempada do equipo do Club Voleibol Pontevedra na Primeira División Galega chegou ao seu fin despois de caer no seu segundo partido do play-off na Coruña.
As pontevedresas visitaba o Calasancias e o certo é que deu a talla ante un potente rival, chegando a igualar o set inicial conseguido polas locais, pero terminaron cedendo con honra.
O encontro empezou con dominio coruñés (25-16), empatou o CVP (23-25) pero non puido manter o nivel de acerto e perdeu finalmente as dúas seguintes mangas (25-18 e 25-15).
Así a liga pecha o pano para o CVP Alianza Española SA de Seguros, que quedan coa satisfacción de ter cumprido o seu obxectivo ao lograr a permanencia na primeira categoría autonómica.
A competición continúa agora nas categorías inferiores do Voleibol Pontevedra, cunha cita destacada o 13 e 14 de abril no Campionato Galego Infantil no que se poñerá en xogo a clasificación para o Nacional.