Un gol de Luís García dálle ao Arosa unha importante vitoria ante o UD Ourense (1-0)
Por Redacción
O Arosa SC, tras a dura derrota da pasada semana ante o líder de Terceira, o Racing Club de Ferrol, logrou sumar tres novos puntos este domingo ante o UD Ourense. Este último, pola súa banda, cuarto clasificado da categoría, suma, con esta, a súa cuarta xornada consecutiva sen coñecer a vitoria, algo que lle pasa factura desde hai varias semanas de cara á fase final da tempada. Os de Rafa Sáez logran ascender un posto, situándose un paso máis preto da parte alta (agora sétimos con 45 puntos).
Os primeiros minutos do encontro caracterizáronse pola intensidade do cadro visitante no plano ofensivo e a firmeza dos locais no defensivo. Desta forma, chegouse ao ecuador da primeira parte co marcador a ceros, aínda creando os arousáns varias ocasións de gol, ambas de Sylla. Comezaba a ser visible a súa superioridade no campo, o que facilitou que, no 37', Javi Otero realizase un pase afortunado a Luís García, quen estreou o electrónico, dando vantaxe ao seu equipo. A falta de cinco minutos para o descanso, o colexiado anulou un tanto de Chiqui por un fóra de xogo e Javi Otero durante o mesmo.
Nos seguintes 45 minutos, tras o paso polos vestiarios, a dinámica foi moi parecida aos últimos minutos do período inicial. O equilibrio reinou na Lomba e ningún dos dous equipos conseguiu chegar á portería contraria, o que lle deu a vitoria ao Arosa.
Antes do comezo do choque, rendeuse homenaxe ao recentemente falecido Abelardo Gómez, moi querido polos membros do club e a súa afección, ademais de ao equipo de categoría prebenxamín, que finalizou o curso como campión de liga.
Consulta a acta do Arosa SC-UD Ourense.
O Céltiga CF, tras a derrota da pasada xornada ante o CD Choco en Redondela, recibiu esta fin de semana no Salvador Otero ao CD Arenteiro. Nesta ocasión, os arousáns conseguiron sumar un punto ao finalizar a ceros o choque, algo que a axuda para manterse distanciados da zona de perigo.
A igualdade foi a tónica dos 90 minutos de xogo. Ningún dos equipos arriscou ante a portería contraria e, despois dunha primeira parte sen goles, a prolongación da mesma dinámica fixo que os ourensáns regresasen a casa tendo que conformarse coa repartición de puntos.
Consulta a acta do Céltiga CF-CD Arenteiro.
Tras tres empates consecutivos, o CD Ribadumia viaxou esta fin de semana á Coruña para medirse ao UD Somozas, equipo que se posiciona na parte media da clasificación. Pola súa banda, os visitantes suman un punto máis ante este, que os axuda a manter algo de distancia, pero non tranquilizadora, cos postos de descenso.
O choque estivo moi igualado durante todos os minutos de xogo. Foron os anfitrións, a escasos dez minutos do inicio do mesmo, os que inauguraron o marcador grazas a Joseja. Non foron capaces de conseguir o empate antes do descanso os de Luís Carro.
Tras o paso polos vestiarios, foi Mocho Fontán, no 56', o que anotou o gol que permitiu a repartición de puntos a falta de oito xornadas para o termo da tempada.
Relacionadas:
-
Partido de necesidade que remata con final feliz para o Ribadumia a costa do Céltiga (3-2)
Por Redacción |
-
Dous goles de Sylla na Lomba dan a vitoria ao Arosa ante o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
O Ribadumia continúa ancorado á zona de perigo tras a derrota ante o Ourense CF (0-1)
Por Redacción |
-
Derrota do Marcón ante o líder, o Pontellas, por un gol en propia de Antonio Suárez (1-0)
Por Redacción |
-
Cómoda vitoria do Arosa ante o Bergantiños na honra de Abelardo Gómez (2-4)
Por Redacción |
-
O Céltiga vence a un dos pesos pesados da categoría, o CD Barco
Por Redacción |