O seleccionador nacional sub-19 pasa revista aos campos da Lomba e Baltar
Por Redacción
O Estadio Municipal da Lomba, en Vilagarcía de Arousa, recibiu este xoves a visita dunha delegación da Real Federación Española de Fútbol co seleccionador nacional sub-19, Pedro López, á cabeza.
O motivo da visita era comprobar o estado das instalacións ante a celebración do torneo Rolda Elite da categoría que se celebrará entre o 3 e o 9 de abril na capital arousá e en Santiago de Compostela.
España xogará os seus partidos no Estadio Verónica Boquete de Santiago, mentres que o resto de encontros entre Irlanda, Serbia e Hungría terán lugar na Lomba.
En Vilagarcía a delegación da Federación Española estivo acompañada do presidente do Arousa, Manolo Abalo, e da presidenta do Atlético Arousana, Rosana Poza, ademais de contar con representantes da Federación Galega.
Tras o seu paso por Vilagarcía, visitaron tamén o campo de Baltar, en Portonovo, que acollerá os adestramentos da Selección Española Sub-19 durante a súa estancia en Galicia, xa que o equipo do mesmo xeito que o resto de seleccións estará aloxado no Hotel Carlos I de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira celebra a clasificación da Selección Española Sub-19 para o Europeo
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira, protagonista no paso da Selección Española Sub-19 por Galicia
Por Redacción |
-
Irlanda golea a Hungría na estrea da Rolda Elite Sub-19 na Lomba
Por Redacción |
-
Vilagarcía empeza a vivir a Rolda Elite Sub-19
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, convocada pola Selección Española Sub-19 para a Rolda Elite que se disputará en Galicia
Por Redacción |
-
A clasificación da Selección Española para o Europeo Sub-19 pasa por Vilagarcía
Por Almu Dapena |