Tere Abelleira, convocada pola Selección Española Sub-19 para a Rolda Elite que se disputará en Galicia
Por Redacción
A Selección Española Sub-19 volveu a chamar á pontevedresa Teresa Abelleira, futbolista habitual nos plans dos técnicos da Real Federación Española de Fútbol nos últimos anos.
A actual xogadora do RC Deportivo, que no verán participou na consecución do título europeo da categoría, é unha das 24 futbolistas convocadas para afrontar a Rolda Elite que terá lugar entre o 3 e o 9 de abril en Santiago de Compostela e en Vilagarcía de Arousa.
Abelleira concentrarase coa Selección Sub-19 o vindeiro luns 25 de marzo en Las Rozas para preparar a competición, clasificatoria para a fase final do Campionato de Europa que se disputará o próximo verán en Escocia.
Desas 24 xogadoras, 4 non formarán parte da lista definitiva que viaxará a Sanxenxo o domingo 31 de marzo.
España enfrontarase na Rolda Elite a Serbia, Hungría e Irlanda, con encontros que se disputarán no Estadio Verónica Boquete de Santiago de Compostela. Pola súa banda o Estadio da Lomba, en Vilagarcía, acollerá os partidos entre Hungría e Irlanda (3 de abril), Irlanda e Serbia (6 de abril) e Serbia e Hungría (9 de abril).
Ademais de Teresa Abelleira compoñen a convocatoria do equipo nacional: Nerea Nevado, Oihana Hernández (Athletic Club); Itziar Pinillos, Laia Aleixandri, Rosa Otermín, Leire Peña (Atlético de Madrid); Laia Codina, Candela Andújar, Clàudia Pina (FC Barcelona); Catalina Thomas (Collerense); María Echezarreta (Boston Breakers); Berta Pujadas, Anna Torrodá (RCD Espanyol); Eva María Navarro (Levante); Silvia Rubio (Madrid CFF); María Méndez (Oviedo Moderno); Rosa Márquez (Real Betis); Nerea Eizaguirre, Carla Bautista (Real Sociedad); Athenea del Castillo (CDE Racing); Olga Carmona (Sevilla); Enith Salon (Valencia Féminas); Enith Salon (Villarreal).
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira celebra a clasificación da Selección Española Sub-19 para o Europeo
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira, protagonista no paso da Selección Española Sub-19 por Galicia
Por Redacción |
-
Irlanda golea a Hungría na estrea da Rolda Elite Sub-19 na Lomba
Por Redacción |
-
Vilagarcía empeza a vivir a Rolda Elite Sub-19
Por Redacción |
-
O seleccionador nacional sub-19 pasa revista aos campos da Lomba e Baltar
Por Redacción |
-
A clasificación da Selección Española para o Europeo Sub-19 pasa por Vilagarcía
Por Almu Dapena |
-
Teresa Abelleira, futbolista campioa de Europa sub-19: "O deporte feminino está a cambiar. Están a darnos visibilidade"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Teresa Abelleira, flamante campioa de Europa coa Selección Española Sub-19
Por Redacción |