A clasificación da Selección Española para o Europeo Sub-19 pasa por Vilagarcía
Por Almu Dapena
As actuais campioas de Europa disputarán en Galicia o Minitorneo Rolda Elite Sub-19 feminino. Os campos de A Lomba de Vilagarcia, e o Verónica Boquete San Lázaro de Santiago, acollerán no mes de abril a celebración do campionato, onde España enfrontarase ás seleccións de Hungría, Irlanda e Serbia para dar un paso adiante na clasificación para o Campionato de Europa.
A Federación Española aprobou a candidatura galega para a celebración deste torneo, primeiro chanzo que terán que superar as actuais campioas de Europa para ter unha praza na fase final do campionato que se celebrará en Escocia entre o 16 e o 28 de xullo onde a 'rojita' buscará gañar o seu terceiro título consecutivo.
Esta última fase actuará como clasificatorio para a Copa Mundial Sub-20 Feminina da FIFA.
Calendario do Minitorneo Rolda Elite Sub-19
- Mércoles 3 de abril
- 13:00 horas: Hungría – Irlanda (Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía)
- 18:30 horas: España - Serbia (Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago)
- Sábado 6 de abril
- 13:00 horas: Irlanda – Serbia (Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía)
- 18:30 horas: España – Hungría (Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago)
- Martes 9 de abril
- 18:30 horas: Serbia – Hungría (Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía)
- 18:30 horas: Irlanda - España (Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago)
Relacionadas:
-
Irlanda golea a Hungría na estrea da Rolda Elite Sub-19 na Lomba
Por Redacción |
-
Vilagarcía empeza a vivir a Rolda Elite Sub-19
Por Redacción |
-
Guillermo García lidera a xeneral das metas volantes na quinta proba da Copa España
Por Redacción |
-
O seleccionador nacional sub-19 pasa revista aos campos da Lomba e Baltar
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, convocada pola Selección Española Sub-19 para a Rolda Elite que se disputará en Galicia
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira, futbolista campioa de Europa sub-19: "O deporte feminino está a cambiar. Están a darnos visibilidade"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Teresa Abelleira, flamante campioa de Europa coa Selección Española Sub-19
Por Redacción |