Diego González e Bea Fernández vencen na terceira edición da Urban Trail Night
Por Redacción & Diego Torrado
A sempre vistosa Urban Trail Night de Pontevedra chegou este sábado á súa terceira edición na cidade.
A carreira nocturna congregou case 400 participantes, que completaron un percorrido de 14 quilómetros. Os atletas partiron ás 20:00 horas da Illa das Esculturas, creando unha fila de luces que, con algún atasco incluído, estirouse polas beiras do río Lérez. A proba pasou despois polo Estadio Municipal de Pasarón e polo centro histórico para terminar na praza de touros, don de estaba instalada a liña de meta.
Na competición masculina o triunfo para Diego Fernández, do Club Deportivo Pinarium, cun tempo de 53 minutos e 48 segundos, seguido de dous ateltas do Club Tríatlon Vilagarcía, Fernando Vidal (55:09) e Carlos Coira (55:10), segundo e terceiro respectivamente.
Pola súa banda na proba feminina foi Beatriz Fernández, do Club Atletismo Corredoiras de Bueu, a que conseguiu repetir o primeiro posto do pasado ano cun tempo de 1 hora e 43 segundos. Cun rexistro de 1:03:41 entraba como segunda Silvia García e xa máis lonxe Fátima Quintana fíxose co terceiro posto (1:08:26).
Consulta aquí a clasificación completa da III Urban Trail Night de Pontevedra.