César Armán non viaxa co Teucro a Zarautz
Por Diego Espiño
O Teucro viaxa ao País Vasco coa moral polas nubes tras a vitoria no último segundo ante o Torrelavega e coa intención de non se relaxar ante un recén ascendido á categoría como o Amenabar Zarautz (sábado 19:15 horas).
O equipo vasco, para o adestrador Teucrista Javier Barrios, é moi perigoso na súa pista, "es un bloque en el que los jugadores llevan mucho tiempo jugando juntos, en su casa además es un fortín porque tienen una gran tradición balonmanística y lógicamente está con el impulso de haber conseguido el ascenso, lo que supone un plus. Pienso que tenemos nuestras opciones pero habrá que esperar al transcurso del partido porque va a ser difícil".
Barrios non poderán contar con César Armán por lesión. O central non viaxou co resto da expedición ao non se ter recuperado das molestias que sofre nun ombreiro. Ante esta circunstancia pódese facer necesaria a presenza doutro dos centrais do equipo, Didac Villar, que si se entrou na convocatoria a pesar de non atoparse ao 100% despois de sufrir unha lesión muscular no primeiro partido de liga en Barcelona.