O Waterpolo Pontevedra ofrece formación sobre igualdade de xénero no deporte
Por Redacción
O programa de formación complementaria impulsado polo Club Waterpolo Pontevedra tratará esta semana un asunto de gran importancia, como é a igualdade de xénero no deporte.
Trátase da quinta xornada impulsada polo club e destinada aos seus xogadores e familiares, aínda que tamén é unha iniciativa aberta á participación de todos os interesados.
Para impartila, o Waterpolo Pontevedra contará coa colaboración do Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra, a través da súa axente de igualdade Mercedes Renda.
A formación levará a cabo este sábado 16 de marzo ás 10:00 horas na aula 2 do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Os non socios da entidade, aínda que poderán anotarse de balde, necesitan inscribirse previamente a través do corre electrónico info@waterpolopontevedra.com indicando nome e apelidos, data de nacemento e DNI.
Relacionadas:
-
Dous xogadores do Waterpolo Pontevedra, de 'máster' co CN Sabadell
Por Redacción |
-
Última competición galega de inverno para o Waterpolo Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
A semifinal ligueira entre Waterpolo Pontevedra e Coruña vaise ao terceiro partido
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra golpea primeiro na semifinal polo título galego
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra avanza a semifinais da Liga Galega
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra ensina a salvar vidas
Por Almu Dapena |