Raquel Miguens mantense no trono do bádminton autonómico
Por Redacción
O Campionato Galego Sub 15 e Absoluto de bádminton celebrado en Ourense deixou un nome propio, o de Raquel Miguens.
A capitá do primeiro equipo do Club Bádminton Ravachol Pontevedra na liga nacional revalidou os dous títulos conseguidos a pasada tempada.
Primeiro venceu en dobres feminino, repetindo parella con Ana Carbón, e logo no dobres mixto, formando parella co nevense Bruno Moldes.
Con estes dous triunfosMiguen colócase en terceiro lugar do ranking histórico galego con 16 títulos, a só un dos que posúen Rafael Vázquez e Aida Rodríguez.
A expedición do Ravachol completárona Natalia Murio e Cristina González en categoría absoluta, e Ignacio López en Sub 15.
Relacionadas:
-
Alejandro Ramos e Raquel Miguens, campións de España de badminton
Por Redacción |
-
Natalia Murio vence no máster de Medina del Campo de bádminton
Por Redacción |
-
O Ravachol Pontevedra, protagonista no Campionato Galego Sénior de Bádminton
Por Redacción |
-
Natalia Murio, campioa no máster da Coruña de Bádminton
Por Almu Dapena |
-
O Ravachol Pontevedra queda ás portas do play-off para o ascenso á máxima categoría
Por Almu Dapena |