O RallyMix Cuntis Vila Termal promete emocións fortes na súa terceira edición
Por Redacción
A tempada autonómica de rallys combinados terra-asfalto, os rallymix, levanta o pano esta próxima fin de semana coa disputa do RallyMix Cuntis Vila Termal.
A terceira edición da proba automobilística promete emocións fortes cun tramo de competición de pouco máis de 14 quilómetros composto por pistas de terra nun 70% e cun 30% de zona de asfalto.
Como na anterior edición, o piloto internacional andorrano Albert Llovera exercerá de padriño, mentres que a copiloto do local Pepe Mieres será Lucía Regueiro, presentadora da Televisión de Galicia.
O rally organizado pola Escudería Cuntis Vila Termal contará con cinco pasadas cronometradas, as tres primeiras o sábado 16 de marzo desde as 12:30 horas e os dous restantes na mañá do domingo 17, desde as 10:30 horas.
A organización traballou na elaboración dun amplo dispositivo de seguridade composto, entre outras cousas, con 28 quilómetros de cinta de seguridade con 1.800 estacas para a súa colocación, 60 puntos de control, 180 sinais de curva e 80 extintores repartidos polo tramo, ademais de 80 efectivos de Protección Civil, 5 todoterreos para remolcar posibles vehículos avariados, 4 vehículos de acción rápida e excarceración, 4 autobombas, 2 vehículos de rescate, 2 ambulancias e dous equipos médicos.
A Escudería Cuntis Vila Termal promociona estes días o seu RallyMix cun divertido vídeo.
Relacionadas:
-
Borja González, vencedor do III RallyMix de Cuntis
Por Redacción |
-
O automobilismo galego entregou os seus premios anuais en Cuntis
Por Redacción |
-
Abel Jurado leva a segunda edición do RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción |
-
A choiva non detén o espectáculo do RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción & Diego Torrado |