Pontevedra acollerá o 3 de agosto o triatlón popular SERTRI
Por Diego Espiño
Un novo evento relacionado co triatlón aterra en Pontevedra, concretamente o trítalon popular SERTRI, organizado pola Cadea Ser e a Federación Española.
Das dez cidades que serán sede da iniciativa, nesta a súa terceira edición, incluíuse a Pontevedra fixando como data para a súa celebración o próximo 3 de agosto.
O SERTRI é unha proba aberta para todos os desportistas, federados ou, non que se desenvolve nas modalidades de sprint, na que se reducen as distancias á metade en relación ao tríatlon olímpico (750 metros de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé), e supersprint (300 metros de natación, 10 quilómetros de ciclismo e 2,5 quilómetros a pé). Ademais inclúese unha proba supersprint de relevos.
O circuito de triatlón popular presenta tamén competicións adaptadas a nenos dende os 5 anos con probas de dúatlon sub-5, sub-8 e sub-11, aos que hai que engadir un tríatlon flash para nenos de 9 a 14 anos cunhas distancias de 150 metros de natación, 5 quilómetros de ciclismo e 1 quilómetros de carreira.
As inscricións poden formalizarse a través da web triatlon.cadenaser.com, cun custo de 20 euros para os deportistas federados, 25 para os non federados, 30 na modalidade de relevos, 5 euros para os menores que participen en modalidade de tríatlon flash e 3 euros para os nenos que se inscriban nas probas de dúatlon.