O Waterpolo Pontevedra avanza a semifinais da Liga Galega
Por Redacción
Con certo apuros pero o Club Waterpolo Pontevedra xa está nas semifinais da Liga Galega tras deixar atrás ao Marina de Ferrol.
O cadro pontevedrés, que vencera no primeiro partido da serie en Ferrol, fixo o propio esta fin de semana na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva cun enganoso resultado de 16-11.
Foi enganoso porque os de Javi de Sáa non estiveron acertados en defensa e tras comezar mandando permitiron ao Ferrol remontar no terceiro parcial cun 0-4 que os poñía en vantaxe (8-9).
Con todo o Pontevedra reaccionou no último cuarto cun 8-2 que lle deu a vitoria e a clasificación.
Agora en semifinais agarda o CN Coruña, segundo clasificado da liga regular, de novo cunha eliminatoria ao mellor de tres partidos que terá o seu primeiro envite o 23 de marzo en Pontevedra con continuación na cidade herculina o 30 de marzo e no caso de ser necesario o día 6 de abril.
Relacionadas:
-
A semifinal ligueira entre Waterpolo Pontevedra e Coruña vaise ao terceiro partido
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra golpea primeiro na semifinal polo título galego
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra ofrece formación sobre igualdade de xénero no deporte
Por Redacción |
-
O play-off comeza con vitoria para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O equipo xuvenil do Waterpolo Pontevedra saca billete para o Nacional
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra pecha a liga regular e xa mira ao play-off
Por Redacción |