Intenso e produtivo fin de semana do Super Froiz en tres probas ciclistas
Por Redacción
O club Súper Froiz tivo unha fin de semana bastante intensa e boa a partes iguais. Este domingo dividiuse para disputar as tres probas que tiñan previstas despois de case dúas semanas de parón tras o inicio da tempada coa celebración da primeira proba da Copa de España Elite e sub-23.
O Trofeo Guerrita (segunda fase da mencionada Copa Nacional) na localidade murciana de Alcantarilla; a Gran Clásica de Primavera en Portugal e, finalmente, o Trofeo Joan Escolá. Aínda que no primeiro deles, que se iniciou moi combativo, augurábanse mellores resultados, os do cadro pontevedrés defenderon as cores do mesmo nas outras dúas competicións.
Unha importante caída nun dos tramos do Guerrita (comezou ás 10:00 horas, 155 Km de distancia), na que caeron un bo número de ciclistas, deixou fóra da etapa a dous dos integrantes do club galego. Un deles, o británico Jake Wright, que se situaba na cabeza. Finalmente, o vencedor foi Francisco Galván, do Lizarte, procedente de Pamplona. A gran esperanza do Froiz nesta proba era Arozamena, que na anterior xornada conseguiu facerse coa décima oitava posición da xeral.
Outro dos centros de atención esta fin de semana foi a Gran Clásica de Primavera, onde o equipo realizou unha moi boa actuación. Aitor Bugarín e Óscar Brea metéronse na escapada do día con outros dous corredores e foron absorbidos polo pelotón a falta de dúas voltas para cruzar a liña de meta. Con todo, o primeiro alzouse coa xeral do pavé. O gañador foi César Martín, do Sporting Tavira.
Para poñer a guinda ao domingo, Iván Martínez logrou facerse coa prata no Trofeo Joan Escolá. Outro bo resultado para o club pontevedrés antes de comezar a prepararse para o próximo reto da tempada.
Consulta a clasificación da Copa España Élite e sub-23 de ciclsimo.
Relacionadas:
-
Diego González repite como mellor espada do Froiz na Copa España ao ser 13º na Clásica de Primavera
Por Redacción |
-
O Froiz busca deixar atrás o mal fario para a terceira proba da Copa de España
Por Almu Dapena |
-
O Trofeo Guerrita, segundo asalto para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Jesús Arozamena e Diego Noriega defenden as cores do Súper Froiz en Badajoz
Por Redacción |
-
Confianza no Froiz ante a inminente estrea da Copa de España
Por Redacción |