Descartan que Álvaro Bustos sufra unha rotura muscular
Por Diego Espiño
Respira tranquilo o Pontevedra Club de Fútbol tras descartar unha lesión de consideración de Álvaro Bustos.
O extremo granate, que o mércores terminou o adestramento con molestias no xemelgo e o xoves non se exercitou, foi sometido este venres a probas médicas para determinar o alcance exacto da doenza.
A boa noticia é que non existe rotura muscular no xemelgo. A mala, que si hai lesión e non estará dispoñible o vindeiro domingo para o encontro ante o Burgos en Pasarón.
Segundo o diagnóstico do médico do club, o Dr. Barragáns, Bustos sofre unha elongación, polo que seguirá nos próximos días tratamento médico e rehabilitador e "a súa actividade deportiva inmediata dependerá da evolución".
Descartado para a inminente xornada, o obxectivo céntrase agora en que o futbolista poida estar recuperado para o duelo da seguinte fin de semana ante o Salamanca CF.
Relacionadas:
-
Adrián León estará "de 7 a 15 días" de baixa
Por Diego Espiño |
-
Un gol de Adrián Cruz no 89 deixa sen recompensa ao Pontevedra ante o Burgos (1-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Pontevedra non se fía dun necesitado Burgos
Por Diego Espiño |
-
Álvaro Bustos non adestra e apunta a baixa ante o Burgos
Por Diego Espiño |
-
Saen Borja Domínguez e Pedro Vázquez, entra David Castro
Por Redacción |
-
O Pontevedra súmase ao 8-M con entrada de balde para as mulleres
Por Redacción |
-
Merece máis o Pontevedra primeiro e págao despois en Ponferrada (1-0)
Por Redacción |