A EP Ciudad de Pontevedra domina xunto ao Náutico Firrete o Galego de Novas Promesas
Por Redacción
A pista de piragüismo do Complexo Deportivo David Cal, no encoro pontevedrés de Pontillón do Castro, foi escenario a fin de semana do Campionato Galego de Inverno de de Novas Promesas, sobre a distancia de 5.000 e 3000 metros, cunha participación de máis de 550 padexeiros de 39 equipos da comunidade.
Un dos grandes protagonistas da xornada foi a E.P. Ciudad de Pontevedra, dominador xunto ao Club Náutico Firrete na maioría das clasificacións por equipos.
Así, o podio da xeral masculina cadete foi para a E.P. Ciudad de Pontevedra seguido por Náutico Pontecesures e Náutico Rodeira. Polo que respecta á categoría feminina o equipo pontevedrés repetía vitoria, por diante de Náutico Pontecesures e o Piragüismo As Torres.
As cousas cambiaban na categoría infantil e o Naútico Firrete levaría o primeiro premio na categoría masculina, completando o podio o Náutico Pontecesures e o Piragüismo Illa de Arousa. Pola súa banda na competición feminina o Naútico Firrete foi o primeiro seguido polo Náutico Pontecesures e o Piragüismo As Torres.
Os podios individuais repartíronllos en cadete kaiak Anxo García (Piragüismo Verducido) en primeiro lugar, para o segundo e terceiro posto cruzaron a liña de chegada Roi Amado (Náutico Firrete) e Mauro Domínguez (Piragüismo Verducido). A kaiakista Carme Devesa (Breogán) gañou a súa regata despois dun longo sprint coa padeeira Lúa Cubiella (O Muiño) finalmente segunda, Ana Costas (E.P. Ciudad de Pontevedra) terminou en terceiro lugar. Os canoístas do Náutico Rodeira Yoel Becerra e Raúl Estevez lograron o ouro e a prata, o bronce foi para David Bautista (E.P. Ciudad de Pontevedra). Mentres que as deportistas do E.P. Ciudad de Pontevedra Antía Otero e Ángela Jorge ocuparon a primeira e segunda posición, o terceiro posto sería para Valeria Oliveira (Breogán).
Polo que respecta á categoría Infantil B Celia Montero do Náutico Firrete conseguiu a primeira posición en muller kaiak, seguíronlle Iria Ludeña (Kaiak Tudense) e Lucía Tenreiro (Piragüismo Illa de Arousa). En kaiak masculino Juan Devesa (Fluvial de Lugo) conseguiu un apertado triunfo fronte aos seus inmediatos perseguidores Juan Allegue (Náutico Firrete) e David Silva (Piragüismo Portonovo). Na modalidade de canoa Nicolás Braña (Piragüismo Poio) levou a vitoria, sendo a medalla de prata para o seu compañeiro Germán Quintas e a de bronce para Gabriel González (Náutico Rodeira). En mulleres as tres primeiras prazas ocupáronas as padeeiras pertencentes ao Náutico Pontecesures como Natalia Varela, Yara Franco e Tania Vila.
Por último, os distintos vencedores da categoría infantil A foron en mulleres kaiak Laura Ríos (Náutico Pontecesures), seguida por Ánxela Fontán (Piragüismo Verducido) e Avril Freire (Náutico O Muiño), pola súa banda David Pazos (Piragüismo Verducido) gañaba a proba en kaiak, cunha lixeira vantaxe sobre o segundo clasificado Iago García (Kaiak Foz) e o terceiro en discordia Martín López (Cabanas KDM). Pola contra na modalidade de canoa o primeiro clasificado foi Pedro Torrado (As Torres), o segundo posto levoullo Manuel Fraga (Náutico Pontecesures) sendo terceiro Julen Pérez (Piragüismo Poio), por último as tres primeiras prazas da xeral feminina ocupáronas Alba Rodríguez (Piragüismo Poio), Uxía Álvarez (Ría de Aldán) e Silvia Calvo (Náutico Firrete).
Relacionadas:
-
O piragüismo pontevedrés busca en Trasona a clasificación para o Europeo
Por Redacción |
-
Catro medallas pontevedresas no Campionato de España de Novas Promesas
Por Almu Dapena |
-
Chuvia de medallas para o piragüismo pontevedrés no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |
-
Cita para o piragüismo galego no Pontillón do Castro por segunda semana consecutiva
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés demostra a súa boa forma no inicio da tempada
Por Redacción |