O Pontevedra súmase ao 8-M con entrada de balde para as mulleres
Por Redacción
O Estadio Municipal de Pasarón vestirá por un día de morado, ademais do granate habitual, para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o próximo 8 de marzo.
Ao coincidir esta celebración cunha semana na que o Pontevedra Club de Fútbol xoga partido de liga na casa, a entidade decidiu lanzar unha campaña dirixida ao público feminino.
"Muller, neste partido ti decides se pagas entrada ou entras de balde", reza o lema da iniciativa presentada este luns.
¡ESTE DOMINGO TODAS A PASARÓN!
— PontevedraCF (@PontevedraCFSAD) 4 de marzo de 2019
..E tanto que o fútbol tamén é de mulleres #VamosPonte pic.twitter.com/OFk2EXfEvK
Desta forma as afeccionadas do Pontevedra poderán entrar sen custo ao duelo do próximo domingo 10 de marzo (17:00 horas) ante o Burgos.
O prezo das entradas para este partido, para o resto do público, fixouse en 25 euros para a bancada de Tribuna, 15 euros en Preferencia e 10 nos fondos, o mesmo das últimas citas, con prezo de 5 euros en categoría xuvenil e 3 euros na infantil.
Relacionadas:
-
O Pontevedra non se fía dun necesitado Burgos
Por Diego Espiño |
-
Descartan que Álvaro Bustos sufra unha rotura muscular
Por Diego Espiño |
-
A aposta polo fútbol feminino, imparable tamén entre os clubs de Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Saen Borja Domínguez e Pedro Vázquez, entra David Castro
Por Redacción |
-
Merece máis o Pontevedra primeiro e págao despois en Ponferrada (1-0)
Por Redacción |