Ponferradina e Pontevedra mídense nun duelo con aroma a play-off
Por Diego Espiño
O Estadio Municipal do Toralín, en Ponferrada, acollerá este domingo (17:00 horas) un duelo entre dous equipos que pelexan por entrar nos catro primeiros postos da táboa, no ansiado play-off de ascenso.
Ponferradina e Pontevedra, sétimo e sexto clasificado, verán as caras nun choque que pode supoñer moito máis que tres simples puntos, aínda que Luismi defende que "no creo que sea decisivo porque quedan muchos puntos en juego".
Para os granates, que chegan nun dos seus mellores momentos da tempada e a só 1 punto do play-off, un triunfo podería supoñer o empuxón definitivo para aspirar a a todo, mentres que os do Bierzo comparecen cheos de dúbidas, tras pasar do liderado ao sétimo posto en poucas xornadas.
"Sabemos de la importancia de los 3 puntos", reitera o adestrador do Pontevedra, que avanza cambios no once inicial máis aló da saída obrigada de David Castro por sanción. "Voy a hacer cambios porque el Fuenlabrada no es el mismo equipo que la Ponferradina y hay que buscar cómo hacerles daño", confirmou este venres en rolda de prensa.
A de Castro no lateral será a única ausencia obrigada, tendo en conta que volve estar dispoñible Romay tras a súa sanción.
Pola súa banda na Ponferradina Jon Pérez 'Bolo' recupera á súa principal referencia ofensiva, o ex-granate e pichichi do grupo Yuri, quen tras perder por lesión a última xornada en Bouzas "está muy ben. Ahora está sin molestias", sinalou o preparador dos branquiazuis na súa comparecencia previa ao encontro.
Bolo recoñeceu ademais que "me espero un partido parecido al que jugamos en Pontevedra", cunha gran igualdade e intensidade que se reflectiu no 0-0 final.
O colexiado designado para a cita é o rioxano Miguel Sesma Espinosa.
Relacionadas:
-
Merece máis o Pontevedra primeiro e págao despois en Ponferrada (1-0)
Por Redacción |
-
En Ponferrada elevan a categoría de 'final' o duelo ante o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Luismi rebaixa a euforia: "Estamos en el camino pero no hemos hecho nada"
Por Diego Espiño |
-
A afección pontevedresa prepara o seu desembarco en Ponferrada
Por Diego Espiño |
-
Rivera, tras o espectacular 12-2 do Pontevedra B: "Desde que tengo 10 años no meto 6 goles"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra reforza a súa candidatura ao play-off goleando o líder Fuenlabrada (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |