O piragüismo pontevedrés demostra a súa boa forma no inicio da tempada
Por Redacción
A dúas semanas para que se celebra o Campionato de España de Inverno, do 15 ao 17 de marzo en Sevilla, o piragüismo pontevedrés demostrou iniciar o curso en boa forma.
O complexo deportivo David Cal no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, foi escenario da primeira cita oficial do ano co Campionato Galego de Inverno, tras o seu traslado a última hora desde Castrelo de Miño, contando coa presenza de preto de 450 deportistas de 41 clubs.
Diego Romro do Breogán do Grove levou o seu quinto título de campión de inverno consecutivo en C1 sénior, por diante do canoísta do Kayak Tudense Manuel Garrido e Jaime Duro nas filas do E. P. Ciudad de Pontevedra. En muller sénior canoa a medalla de ouro foi para Raquel Dacosta do Club As Torrres, en segunda posición cruzou a liña de meta Jenifer Casal da EP Ciudad de Pontevedra sendo o terceiro posto para Raquel Rodríguez do Piragüismo Portonovo. Polo que respecta ao kaiak sénior en mulleres, Tania Fernández do Kayak Tudense venceu a Natalia García do Breogán, sendo terceira Ana Varela tamén do Kayak Tudense. Pola contra en homes, o deportista do Kayak Tudense Albert Martí impúxose a Óscar Carrera do Náutico Firrete e Jaime Sobrado do Piragüismo Olívico.
Na categoría xuvenil os distintos vencedores foron Miguel Paz (Piragüismo Verducido), seguido polo seu compañeiro de equipo Joaquín Iglesias, e de Gabriel Martínez do Ribeiras do Tambre en kaiak. Manuel Fontán (Náutico O Muiño) logrou gañar na modalidade de canoa por diante de Ángel Fuego (Piragüismo Poio) e Martín Jácome (E. P. Ciudad de Pontevedra). Pola súa banda Lara Feijóo (Kayak Tudense) venceu en muller kaiak, Irene Lata (Ría de Betanzos) foi segunda e en terceiro lugar cruzaba a liña de chegada Fátima Moreira (E. P. Ciudad de Pontevedra). Na modalidade de canoa feminina os tres primeiros postos foron para Antía Romero (Piragüismo Rías Baixas), seguida de Nuria Rodiño (E. P. Ciudad de Pontevedra) e Claudia Miguéns tamén do conxunto barbancés.
A nivel de clubs en categoría senior masculina o Kayak Tudense finalizou primeiro, segundo o Naval de Pontevedra e o Piragüismo Vilaboa en terceira posición. Mentres que na cita sénior feminina, o triunfo foi para o As Torres Romaría Viquinga, seguido do Mar Ría de Aldán e o Kayak Tudense. En xuvenís masculino, triunfo para o E. P. Ciudad de Pontevedra, con Ribeiras do Tambre segundo e Piragüismo Verducido, terceiro, e en categoría feminina a E. P. Ciudad de Pontevedra impúxose na proba, con Kayak Tudense segundo e o Piragüismo Rías Baixas en terceira praza.
Relacionadas:
-
Chuvia de medallas para o piragüismo pontevedrés no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |
-
A EP Ciudad de Pontevedra domina xunto ao Náutico Firrete o Galego de Novas Promesas
Por Redacción |
-
Cita para o piragüismo galego no Pontillón do Castro por segunda semana consecutiva
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés abre tempada en Verducido
Por Redacción | Creada e actualizada