Yago Vázquez e Emilio súmanse ao Pontevedra 2013-2014
Por Diego Espiño
Nove futbolistas confirmaron xa a súa presenza no próximo proxecto deportivo do Pontevedra Club de Fútbol de cara á próxima tempada.
Despois de que o martes fose a quenda de Pablo González, agora tocoulle ao seu compañeiro no centro da zaga no tramo final da tempada, Yago Vázquez, e ao centrocampista Emilio Abal.
O central, que se compromete por un ano, comezou a liga nas filas do Pontevedra B en Rexional Preferente pero entrou pouco a pouco nos plans de Milo Abelleira ata confirmarse como un dos defensas titulares do equipo no último terzo de competición.
Pola súa banda Emilio, que remata o seu periplo na categoría xuvenil e que xa chegou a debutar no primeiro equipo, amplía o seu contrato dúas tempadas máis.
Ademais de Yago e Emilio, os xogadores que renovaron son: Santi Domínguez, Adrián Gómez, Richi, Fran Fandiño, Iago Paz, Sergio Lloves e Pablo González.
Relacionadas:
-
Pacheco non acepta a proposta do Pontevedra ao ofrecerlle continuar con ficha do filial
Por Diego Espiño |
-
Javi Pazos abandona o Pontevedra ao considerar insuficiente a oferta presentada polo club
Por Ramiro Espiño |
-
Pablo González confirma que tamén seguirá un ano máis no Pontevedra
Por Redacción |