Rivera, tras o espectacular 12-2 do Pontevedra B: "Desde que tengo 10 años no meto 6 goles"

Por Diego Espiño
Era complicado este domingo restar protagonismo ao sobresaliente triunfo do primeiro equipo ante o Fuenlabrada, pero un futbolista conseguiu ser tamén froito das conversacións no Estadio Municipal de Pasarón, tanto na bancada como no propio vestiario.
Ese xogador era Rivera, cara visible da espectacular goleada conseguida polo Pontevedra B no seu partido de liga ante o San Martín celebrado na Xunqueira, e que finalizou cun resultado de 12 goles a 2.
O dianteiro do filial anotou 6 deses tantos. "Desde que tengo 10 años no meto 6 goles", recoñecía este luns ao finalizar o adestramento do primeiro equipo, compañeiros que "ya ayer me dieron la enhorabuena".
Resulta complicado en calquera categoría ver estas cifras goleadoras, pero foi un día redondo. "Tuvimos 10 minutos en la primera marte que metimos 4 goles y ellos se vinieron un poco abajo. Con balón estuvimos perfectos, siempre quisimos más. Además en la ida nos habían metido 5 ellos y estábamos un poco picados", sinalou entre risas o ariete, que acumula esta campaña 23 goles en liga na Primeira Rexional.
Con todo, tanto el como os seus compañeiros defenden que o importante segue sendo conseguir un ascenso necesario para o filial, que agora mesmo ocupa unha das prazas coas que o lograría ao ser segundo con 48 puntos, 5 máis que unha Gran Peña que leva un encontro menos. "Tenemos que ir a ascender y a por la liga si se puede, no puede estar el filial en Primera Regional", sinala con ambición Rivera.
Todo iso mentres agarda convencer co seu traballo a Luismi para gozar dalgunha oportunidade nun primeiro equipo no que xa chegou a debutar. "Yo estoy aquí para lo que me quieran, si puedo tener más oportunidades será bienvenido", declara o dianteiro granate. Con este ritmo de goles seguro que esa oportunidade chegará.
Relacionadas:
-
Premio á tempada do Pontevedra B, que xogará o seu último partido de liga ante o Portonovo en Pasarón
Por Redacción |
-
Merece máis o Pontevedra primeiro e págao despois en Ponferrada (1-0)
Por Redacción |
-
Ponferradina e Pontevedra mídense nun duelo con aroma a play-off
Por Diego Espiño |
-
En Ponferrada elevan a categoría de 'final' o duelo ante o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Luismi rebaixa a euforia: "Estamos en el camino pero no hemos hecho nada"
Por Diego Espiño |
-
A afección pontevedresa prepara o seu desembarco en Ponferrada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra reforza a súa candidatura ao play-off goleando o líder Fuenlabrada (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Nin o Celta B nin a exhibición tarxeteira do árbitro poden cun sólido Pontevedra (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |