O Arosa pode levarse o partido ante o Paiosaco pero confórmase co reparto de puntos (0-0)
Por Redacción
O Arosa, despois da vitoria da pasada xornada ante o Silva SD na Lomba, non conseguiu superar, esta fin de semana, ao UD Paiosaco. O encontro disputouse en Porta Santa, campo onde os de Rafa Sáez xogaron, nesta ocasión, por primeira vez na historia.
A pesar das diversas oportunidades visitantes de poñerse por diante no marcador, o equilibrio reinou durante os 90 minutos de partido. Con todo, a escasos 8 minutos do inicio do mesmo, Sylla creou a primeira ocasión de gol do encontro, realizando un tiro que terminou nas mans de Dani Moreno. A continuación, uns minutos despois, Javi Otero volvería tentalo, pero sen éxito. Na metade da primeira metade, Pablo Rodríguez case consegue anotar o tanto que daría vantaxe aos locais, pero o electrónico continuaría a ceros. Despois de varias contras desaproveitadas por ambas as partes, o choque iríase ao descanso en rigorosa igualdade.
Tras o paso polos vestiarios, a dinámica continuou sendo a mesma. No 51', Sylla foi o encargado de tirar un penalti, que, con todo, iría fóra. E non sería a última ocasión deste, que no 66', tras un centro de Pablo González ao segundo pau, non logrou inaugurar, definitivamente, o marcador.
Finalmente, a falta de acerto arousá e o medo a arriscar dos de Emilio Riveiro fixo que o choque concluíse coa repartición de puntos.
Consulta a acta do UD Paiosaco-Arosa SC.
Choque directo o desta fin de semana entre o Céltiga CF e o Porriño CF no Salvador Otero, onde os locais superaron aos de Losada en todo. Os de casa logran, así, nun partido que xa a priori presentábase asequible para eles, logran sumar tres puntos importantes a estas alturas da competición, con vistas a deixar atrás, por fin, os postos de descenso. Os visitantes, pola súa banda, continúan sendo pechacancelas de Terceira tras sumar só tres puntos nas últimas 16 xornadas.
O choque estivo dominado desde o inicio polos arousáns. Con todo, non sería ata pasada a media hora de partido que Diego Lamas anotaría o primeiro dos tres goles. Así marcharían ao descanso, co 1-0 no marcador e a convicción de que os puntos quedarían na casa.
Tras o regreso dos vestiarios, a superioridade dos anfitrións manteríase. Volvería ser Diego Lamas (67') quen sumaría o 2-0. Finalmente, a falta de tres minutos para o termo do encontro, Pedro Delgado acertou na portería de Fernando, marcando o definitivo 3-0.
Consulta a acta do Céltiga CF-Porriño CF.
Despois de tres empates consecutivos, o CD Ribadumia logrou, esta fin de semana na Senra, sumar tres importantes puntos para manterse o máis afastado posible dos postos de perigo. Foi o CD Arenteiro, que se posiciona terceiro pola cola na táboa, o que visitou o campo do Salnés.
A pesar do resultado (2-1), o choque estivo bastante igualado desde o seu inicio. Tras o gol de Mocho Fontán no 11' da primeira metade, o cadro visitante igualou o marcador por medio dun tanto de Iván Otero tan só tres minutos despois. Co 1-1 no marcador marcharían aos vestiarios. Calquera cousa podería pasar na segunda parte.
Tras o descanso, parecía que o encontro finalizaría coa repartición de puntos. Con todo, para alegría dos anfitrións, Rubén Cerqueiras lograría anotar o gol da vitoria (2-1) a falta de tres minutos para a conclusión.
Relacionadas:
-
Arosa e Céltiga encaixan severas goleadas en Ferrol e Redondela
Por Redacción |
-
Cómoda vitoria do Arosa ante o Bergantiños na honra de Abelardo Gómez (2-4)
Por Redacción |
-
Aínda en desvantaxe numérica, o Arosa vence o Compostela na Lomba (1-0)
Por Redacción |
-
O Céltiga vence a un dos pesos pesados da categoría, o CD Barco
Por Redacción |
-
Contundente vitoria do Arosa sobre o Silva na Lomba (3-1)
Por Redacción |
-
O Arosa viaxa a Cangas e volve coas mans valeiras tras ser derrotado polo Alondras (1-0)
Por Redacción |