O futuro do Arxil decídese a próxima fin de semana
Por Redacción
A Asemblea Xeral da Federación Española de Baloncesto estudará este sábado 8 de xuño a proposta aprobada pola Comisión Delegada para a composición da Liga Feminina 2.
A formulación da Comisión pasa por volver contar con dous grupos de 14 equipos cada un, o que abriría a posibilidade a que o Arxil poida recuperar a categoría perdida nos despachos.
Para iso a Asemblea debe ratificar esta proposta pero dende o club verde móstranse optimistas e empezaron a falar coas súas xogadoras aproveitando que seguen realizando adestramentos para manter a forma no Centro Galego de Tecnificación. A intención do Arxil pasa por manter o bloque da tempada que acaba de concluír.