Berrocal: "Hay que pensar en este domingo, pensar más allá no vale para nada"
Por Diego Espiño
Chegou a Pontevedra como referencia ofensiva, pero meses despois asentouse no equipo nunha posición na que apenas xogara ao longo da súa carreira deportiva.
Jesús Berrocal vive o seu mellor momento na Boa Vila. "Creo que estoy ya adaptado al 100%, me encuentro a gusto", recoñece sobre o seu papel como centrocampista.
"Están saliendo las cosas muy bien, a nivel personal me encuentro muy a gusto tanto en el Pontevedra como en la ciudad y al final eso se refleja en el campo", explica no medio dunha semana importante, na que o líder Fuenlabrada visitará o Estadio Municipal de Pasarón.
"Hay que pensar en este domingo, pensar más allá no vale para nada", asegura Berrocal, que ve forte ao Pontevedra en casa e dá moita importancia aos tres puntos en xogo, xa que "si ganamos ya no sólo es que ganes al líder es que te metes ahí y sigues con las buenas sensaciones".
Tal é a súa confianza actualmente que non lle asusta a competencia na súa nova demarcación que supón a chegada dun home como Borja Domínguez. "Al final la competencia yo creo que es positiva para el grupo", defende, xa que "hace que todo el mundo apriete más el culo y dispute los entrenamientos al 100% para tener minutos".
O futbolista andaluz disputou ata o momento esta campaña 20 partidos de liga, 18 deles como titular.
Relacionadas:
-
Jesús Berrocal queda en Pontevedra á espera de atopar un novo equipo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra reforza a súa candidatura ao play-off goleando o líder Fuenlabrada (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra e Fuenlabrada prometen un partido de altos voos en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Fuenlabrada, un muro defensivo que só conseguiu derrubar o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra-Fuenlabrada, un ano despois
Por Diego Espiño |
-
Nin o Celta B nin a exhibición tarxeteira do árbitro poden cun sólido Pontevedra (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |