O Waterpolo Pontevedra pecha a liga regular e xa mira ao play-off
Por Redacción
Pouca transcendencia tiña para o Waterpolo Pontevedra a última xornada da liga regular na Primeira División Galega, que non podía gañar nin perder posición de cara ao play-off polo título, pero aínda así deixou boas sensacións.
Os pontevedreses aproveitaron a visita do Pabellón de Ourense ao CGTD para dar minutos a xogadores xuvenís.
O encontro comezárono cun 5-1 ao seu favor no primeiro cuarto, aínda que os visitantes reaccionaron para empatar (6-6) e dar paso a dous cuartos finais de gran igualdade que se terminaron decantando en favor do Pontevedra por 10 goles a 9.
Pechada a fase regular na terceira posición, os de Javi de Sáa miran xa cara a un play-off que cambia de formato e que se inicia nos cuartos de final cunha serie ao mellor de tres partidos contra o Marina de Ferrol (6º).
O primeiro duelo disputarase o 2 ou 3 de marzo en Ferrol, co segundo e terceiro encontro en Pontevedra o 9 e o 16 de marzo no caso de ser necesario.
A fin de semana deixou ademais a vitoria contundente do Waterpolo Pontevedra na Primeira División Feminina, na que xa tiña asegurado o título. Venceu por 15-2 ao Pabellón Ourense para pechar a competición con cinco triunfos e un empate.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra avanza a semifinais da Liga Galega
Por Redacción |
-
O play-off comeza con vitoria para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O equipo xuvenil do Waterpolo Pontevedra saca billete para o Nacional
Por Redacción |
-
A Escola Naval repite como sede dun Campionato Galego de Waterpolo
Por Redacción |
-
O equipo feminino do Waterpolo Pontevedra, campión de liga
Por Redacción |