Contundente vitoria do Arosa sobre o Silva na Lomba (3-1)
Por Redacción
O Arosa SC, tras unha mala serie de tres derrotas ininterrompidas, derrotou, este domingo na Lomba, ao Silva SD, que, pola súa banda, continúa ancorado á parte media da táboa, pelexando por manterse lonxe dos postos de perigo da categoría. Con tres puntos máis, os de Rafa Sáez posiciónanse sétimos con 35, a once da parte máis alta da clasificación.
O partido estivo dominado, de principio a fin, polos locais, que aos 18 minutos de xogo lograban poñerse por diante no marcador cun gol de Sylla. Este mesmo volvería acertar na portería de Damián trece minutos despois, conseguindo que o Arosa fósese ao descanso cunha cómoda vantaxe de dous tantos (2-0).
Tras o paso polos vestiarios, a igualdade chegou ao terreo de xogo, facendo que os visitantes non arriscasen de cara a portería e os anfitrións non marcasen o seu terceiro gol ata o 35' da segunda metade por medio de Luís García (3-0). Con todo, a escasos cinco minutos do termo do choque, João Paulo anotaría o 3-1 de penalti, pero sen conseguir os do Silva a forza necesaria para alcanzar aos seus rivais.
Consulta a acta do Arosa SC-Silva SD.
O Céltiga CF e o UD Ourense empataron, esta fin de semana no Couto, nun choque no que reinou a máxima igualdade entre os equipos. Tanto foi así que ningún dos dous arriscou de cara a portería, finalizando o encontro sen goles. Coa repartición de puntos, os arousáns continúan ancorados ao penúltimo posto da clasificación e os anfitrións seguen pelexando por seguir entre os pesos pesados da categoría (cuartos).
Consulta a acta do UD Ourense-Céltiga CF.
O Ribadumia empatou este domingo ante o CD Choco en Redondela. Así, os do Salnés suman a súa terceira xornada consecutiva con reparto de puntos. Estes atópanse nunha situación delicada ao non ser quen de desancorarse dos postos baixos da táboa (antepenúltimos con 24 puntos). Pola súa banda, os locais seguen na parte media, pelexando por avanzar, aos poucos, posicións. Do mesmo xeito que no caso anterior, foi un choque sen tantos no que ningún dos dous equipos logrou crear ocasións claras de gol.
Relacionadas:
-
Cómoda vitoria do Arosa ante o Bergantiños na honra de Abelardo Gómez (2-4)
Por Redacción |
-
Aínda en desvantaxe numérica, o Arosa vence o Compostela na Lomba (1-0)
Por Redacción |
-
O Céltiga vence a un dos pesos pesados da categoría, o CD Barco
Por Redacción |
-
O Arosa pode levarse o partido ante o Paiosaco pero confórmase co reparto de puntos (0-0)
Por Redacción |
-
O Arosa viaxa a Cangas e volve coas mans valeiras tras ser derrotado polo Alondras (1-0)
Por Redacción |
-
Unha derrota dobremente dura para o Arosa ante o Céltiga (1-2)
Por Redacción & Diego Torrado |