Demoledora derrota do Peixe ante o Círculo Gijón, que pelexa pola permanencia (104-78)
Por Sofía Lorenzo
O Peixe Galego, despois de perder esta fin de semana contra o Círculo Gijón, pelexará a partir de agora polo ascenso a LEB Oro. Os marinenses chegaron á última xornada da primeira fase de liga nunha posición privilexiada (cuartos, a dous puntos do líder), que, aínda non aproveitando estes a oportunidade de gañar en Asturias, xa auguraba boas noticias. Pola súa banda, notóuselles aos locais a intención de sumar dous importantísimos puntos para continuar loitando pola permanencia na categoría.
Impuxéronse os anfitrións na primeira metade do partido. Despois dun cuarto inicial bastante axustado (19-18), durante o segundo, estes lograron unha cómoda vantaxe respecto a os galegos, que, pola súa banda, comezaron a mostrarse atascados en ataque. Este feito beneficiou aos primeiros, que, a falta de poucos segundos para o descanso, gañaban por unha cómoda diferenza de 11 puntos (47-36).
Parecía que o paso polos vestiarios sentara ben aos de Javi Llorente, que nos primeiros dez minutos lograron recortar distancias. Unha vez máis, apoiados en Gregory, máximo anotador do partido (22 puntos), e tamén no recente fichaxe, o estadounidense Onwuasor (16 puntos). Con todo, múltiples perdas de balón do Peixe, que aproveitaron moi ben os locais, sumadas á necesidade de puntos destes, fixeron que os marienenses viñésense abaixo no último cuarto. Un parcial de 34-15 sentenciounos a unha máis que esmagadora derrota (104-78).
A partir da próxima xornada de liga, os pontevedreses enfrontaranse aos seis primeiros clasificados das fases Este e Oeste no seu obxectivo de ascenso. Da primeira: Alicante, Real Murcia, Villarrobledo, Básquet Girona, CB Almansa e Basket Azuqueca. Doutra banda, do seu grupo, medirase ao Basket Navarra, Aquimisa, Juaristi ISB, Saskibaloi e, finalmente, ao Igualatorio Cantabria.
Relacionadas:
-
Mal inicio de fase de ascenso para o Peixe Galego ao caer ante Villarrobledo (76-85)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Desvelado o camiño do Peixe Galego cara ao ascenso a LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
Paliza do Peixe ao Cantabria, un dos pesos pesados da categoría (52-91)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Peixe Galego refórzase co escolta Randy Onwuasor
Por Redacción |
-
O Peixe estrélase contra a defensa do Juaristi ISB (60-79)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |