Os alumnos do colexio San Narciso saen a correr por Save The Children
Por Redacción
Fomentar os hábitos de vida saudable a través do deporte e de paso promocionar unha causa solidaria. Ese foi o obxectivo da proba deportiva protagonizada polo alumnado do Colexio San Narciso de Marín.
Ao redor de 400 nenos e nenas do centro educativo, entre Primaria, Infantil e Gardería, participaron nunha carreira solidaria organizada polas rúas da vila en favor da ONG Save The Children.
Os xóvenes deportistas dividíronse en catro carreiras en función da súa idade, completando un percorrido que se iniciaba no Parque Eguren e finalizaba no arco de meta situado na Alameda Rosalía de Castro.
Ao finalizar leuse un manifesto por parte dos propios alumnos e realizouse un baile coordinado polo profesorado do colexio.
Entre todos os participantes conseguiron alcanzar unha recadación económica de 1.300 euros que será destinada integramente á ONG.