Nova experiencia para Carla Goyanes na Copa do Mundo de natación en augas abertas
Por Redacción
Carla Goyanes afrontará a próxima fin de semana a súa segunda experiencia internacional co equipo nacional absoluto de natación en augas abertas.
A deportista do Galaico, aínda en idade júnior, tomará parte na proba da Copa do Mundo da especialidade (FINA Marathon World Series) que se disputará o sábado 16 de febreiro na localidade de Doha, Qatar.
Goyanes debutou o pasado mes de novembro na Copa do Mundo de Abu Dhabi, cita na que logrou un positivo 39 posto cun tempo de 2 horas, 13 minutos e 55 segundos.
Do mesmo xeito que en aquela ocasión, a pontevedresa afrontará a proba dos 10 quilómetros, na que tamén está inscrita outra española, Paula Ruiz (CN Mairena Aljarafe).
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LONGA DISTANCIA
Só unha semana despois, o sábado 23 de febreiro, o Club Natación Galaico participará no X Campionato de España de Longa Distancia en piscina de 50 metros que se celebrará na localidade catalá de Mataró.
Alí estará tamén Carla Goyanes para tomar parte na proba dos 5.000 metros en categoría júnior, pero non será a única representante do club pontevedrés porque María Vilas estará presente nos 5.000 metros de categoría sénior e Alexandre Lages nos 5.000 metros júnior masculinos. Ademais Cristian Fernández figura como reserva para a competición sénior masculina.
Relacionadas:
-
María Vilas e Carla Goyanes, bronces no Campionato de España de Longa Distancia
Por Almu Dapena |
-
Boas sensacións de Carla Goyanes na Copa do Mundo de Doha de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
O Natación Galaico revalida o seu título de campión galego de inverno
Por Redacción |
-
Valiosa experiencia para Carla Goyanes na Copa do Mundo de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
Recoñecemento á pontevedresa Carla Goyanes na Gala da Natación Española
Por Redacción |