David Cal, Óscar Graña, Pablo Dapena e Ceci colaboran na loita contra o cancro
Por Almu Dapena
Deportistas de elite quixeron axudar na loita contra o cancro coa elaboración dunha axenda solidaria. Entre eles encóntranse David Cal, Óscar Graña, Pablo Dapena e Cecilia Puga (Ceci) que, para conmemorar o 30 aniversario da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) e en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), axudarán a loitar contra esta enfermidade co total do diñeiro recadado na venda dos exemplares.
David Cal, máximo medallista olímpico español; Óscar Graña, tetracampeón do mundo e de europa de piragüismo; Pablo Dapena, triatleta e campión do mundo de longa distancia; e Ceci, subcampioa do mundo de fútbol sala, comparten nesta axenda lecciones de alto valor para a planificación estratéxica empresarial e a súa implementación táctica-operativa.
Seguindo a tradición de facer unha acción solidaria a principios de cada ano, AJE Pontevedra presentou este mércores xunto coa AECC unha axenda chamada '30 superheroes anónimos' onde aparecen dous grupos da sociedade, 15 deportistas e 15 emprendedores. En lugar de facer unha axenda calendada, nela podemos atopar imaxes dos protagonistas cara a cara con frases motivadoras e espazo para realizar anotacións, polo que se recomenda como referencia para aquelas persoas que queiran iniciarse en algún tipo de proxecto, explicou o presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández. "Ambos comparten os mesmos valores, esforzo, constancia, traballo e superación e é un bo referente ter unha axenda con frases motivadores deles" concluíu.
Pola súa banda, o deportista Óscar Graña destacou a importancia que ten o deporte no día a día para combater a enfermidade e como vía de escape.
A primeira edición será de 300 exemplares a 10 euros cada un dos cales se destinará o 100% a loitar contra o cancro e se atoparán a partir da próxima semana en seis establecementos de Pontevedra e da comarca de Arousa.