O boxeo marinense 'tecnifícase'
Por Redacción
Marín é nos últimos anos sinónimo de boxeo grazas ao traballo do Team Thunder.
A súa última iniciativa, coa colaboración do Concello, foi organizar unha xornada de tecnificación no pavillón da Cañota.
Alí reuníronse un bo número de deportistas para recibir os consellos de Aarón González, que ademais de campión de España conta co título nivel I de técnico deportivo en boxeo, o título de adestrador nacional de boxeo e é técnico nivel III de evaluador de graos.
A xornada serviu ademais de convivencia entre deportistas de varios clubs, cunha sesión técnico-táctica.
A intención do Team Thunder é darlle continuidade a esta proposta organizando en marzo un novo encontro no que poida colaborar outro técnico de alto nivel.
COPA GALICIA DE BOXEO
Por outra banda, o club marinense anunciou a organización da segunda edición da Copa Galicia de Boxeo, que se celebrará o próximo día 16 de marzo na Cañota e que espera congregar a un bo número de afeccionados.
O cartel, que está xa encamiñado, contará con 5 membros da selección galega de boxeo elite, que se enfrontará ao combinado autonómico de Cataluña.
Relacionadas:
-
Aarón González regresa á Selección Española de boxeo
Por Redacción |
-
A Cañota, ata os topes coa Copa Galicia de boxeo
Por Redacción |
-
O Team Thunder apura os preparativos para a II Copa Galicia de Boxeo
Por Redacción |
-
Vitoria e boa imaxe de Aarón González na velada das Arenas, en Barcelona
Por Redacción |