Natalia Murio, campioa no máster da Coruña de Bádminton

Por Almudena Dapena
A xogadora do Club Bádminton Ravachol, Natalia Murio, logrou unha gran actuación no máster Sub 13 e Sub 17 de A Coruña, disputado durante a fin de semana nas instalacións do Club do Mar da Coruña.
A pontevedresa disputou as modalidades de dobres feminino e dobres mixto xunto ás súas parellas habituais nas probas nacionais, Paula Molins e Omar Vila.
O maior éxito chegou no feminino, onde a parella galego-catalá venceu na final ás xogadoras vascas Ania Setién e María Otegui e lograron a medalla de ouro, que supón o primeiro título de máster nacional Sub 17 para un xogador do club pontevedrés.
No dobres mixto, Murio conseguiu a medalla de bronce completando así un gran torneo e sumando unha boa cantidade de puntos que lle farán subir no ránking nacional con vistas ao Campionato de España.
O seguinte compromiso do club será a próxima semana en Ponteareas onde se disputará o Campionato Galego Sub 11 e Senior.