Ambiente de gala en Pontemuíños co inicio do Campionato de España Máster de natación
Por Redacción & Mónica Patxot
Gran ambiente na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur na primeira das catro xornadas do Campionato de España Máster de Inverno de Natación.
Ata o domingo día 10 de febreiro competirán na instalación pontevedresa ata 1.173 deportistas de 147 clubs chegados de toda a xeografía española.
Trátase de nadadores de todas as idades, desde a vintena ata os máis veteranos, con 9 décadas ás súas costas.
De feito, está previsto homenaxear aos dous participantes de maior idade en categoría feminina e masculina, ambos os dous chegados desde a illa de Tenerife, como son Amparo Martínez (nada no ano 1928) e Francisco García (ano 1926). O trío de deportistas maiores de 90 anos péchao Juan Francisco Domínguez, do CN Máster Madrid (ano 1927).
Todo un exemplo que evidencia o espírito de superación persoal deste campionato, no que máis que as medallas valórase o esforzo e a experiencia e onde prima por encima de todo a boa sintonía entre todos os participantes.
Relacionadas:
-
Conclúen catro intensas xornadas de natación no Rías do Sur
Por Redacción |
-
O Pons Vetus quece motores para o Nacional Máster vencendo na Escola Naval
Por Redacción |
-
Cheo garantido na cidade co Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |
-
O Portamiñá lugués, vencedor do Campionato Galego Máster de Natación celebrado en Pontevedra
Por Redacción |
-
Un mes de protagonismo para a natación de categoría máster
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra acollerá en febreiro o Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |