Carreiras de solidariedade do CPI Alfonso VII de Caldas de Reis
Por Redacción
Os escolares do CPI Plurilingüe Alfonso VII de Caldas de Reis envorcáronse na celebración dun evento deportivo solidario.
Tratábase da II Milla Solidaria organizada en colaboración do Centro Comercial Aberto co obxectivo engadido de promocionar os hábitos de vida saudable entre os alumnos.
A proba deportiva desenvolveuse no patio do centro educativo durante preto de dúas horas.
Durante a xornada organizouse unha recollida de alimentos que serán agora doados a Cáritas para a súa acción social.