O Voleibol Pontevedra, no seu mellor momento da tempada
Por Redacción
Terceira vitoria consecutiva para o Club Voleibol Pontevedra na Liga Galega de Primeira División.
O club pontevedrés atópase no seu mellor momento da tempada e aínda que sen pasar da sétima praza que ocupaba, con 21 puntos xa empata na táboa co AD Xiria e achégase ao seu próximo rival, o Xuvenil Teis, co obxectivo de escalar posicións pensando no play- off polo título autonómico.
Na última xornada disputada, o CVP Alianza Española de Seguros venceu por 0 sets a 3 na cancha do Black Voley Vigo.
Foi un duelo dominado claramente polo CVP, que marcou territorio na primeira manga por 15-25 e mantívose firme despois para pechar o encontro por 16-25 e 13-25.
O próximo partido das pontevedresas, ante o Xuvenil de Teis, disputarase o vindeiro sábado 9 de febreiro no pavillón da Xunqueira II (18:00 horas).
Relacionadas:
-
O Voleibol Pontevedra pon en marcha as escolas de volei praia
Por Redacción |
-
Derrota do Voleibol Pontevedra no primeiro partido do play-off
Por Redacción |
-
O Voleibol Pontevedra prolonga o seu bo momento e colócase sexto
Por Redacción |
-
Paso adiante do Voleibol Pontevedra na Primeira División Galega
Por Redacción |