A Escola Hungaresa aposta pola esgrima a cegas
Por Redacción
A localidade italiana de Modica, en Sicilia, acolleu recentemente o primeiro Torneo Internacional de Esgrima a Cegas, e alí estaba a Escola Hungaresa de Pontevedra.
O club pontevedrés impulsa desde o ano 2012 esta modalidade, en colaboración coa ONCE, impartindo clases a nenos, novos e adultos con discapacidade visual de toda España nos seus campamentos de verán e en distintas xornadas de inclusión deportiva.
Grazas a este traballo, no ano 2017 España foi incluída nun programa europeo para o desenvolvemento da esgrima a cegas, xunto con outros catro países (Italia, Francia, Suecia e Portugal).
A Sicilia viaxou o director técnico da Escola Hungaresa, Adrián Cubela, responsable español no programa europeo e participante na elaboración do regulamento desta nova especialidade deportiva.
A nivel individual os vencedores do Torneo Internacional foron o francés Raphäel Brendle, ao superar na final ao italiano Antonio Carnazza, e a italiana Veronica Tartaglia que gañou á francesa Camille Couston.
Cubela puido ademais dirixir na proba por equipos ao combinado europeo formado polos franceses Raphäel Brendle e Philippe Imbert e os suecos Emil Erdtman e Magnus Nyborg.
Trátase dos primeiros pasos da esgrima a cegas, que se verán referendados o 4 de marzo coa presentación oficial desta modalidade en España na sede do Consello Superior de Deportes, un paso adiante que non tería sido posible sen o traballo desenvolto nos últimos anos por entidades como a Escola Hungaresa.
Relacionadas:
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: "Non se pode vencer a quen non se rende"
Por Marisa Ciordia |
-
A Escola Hungaresa suma unha dobre medalla de bronce no Campionato de España Infantil de Esgrima
Por Redacción |
-
Dobre medalla para a Escola Hungaresa de Esgrima en Portugal
Por Redacción |
-
A pontevedresa Pilar Garnelo repite medalla de bronce no Trofeo Internacional Sant Jordi de esgrima
Por Redacción |
-
Resultados esperanzadores para a Escola Hungaresa no primeiro Torneo Nacional de Sabre da tempada
Por Redacción |