A Copa de España Infantil, unha xornada de aprendizaxe para o Judo Club Campolongo
Por Redacción
No deporte de base non só hai que aprender das vitorias, hai que facelo mesmo máis cando chegan as derrotas.
Con esa máxima regresa o Judo Club Campolongo da primeira Copa de España Infantil celebrada a pasada fin de semana preto da casa, en Santiago de Compostela.
"En judo algunhas veces gáñase e outras veces apréndese", aseguran desde a entidade pontevedresa, que acudiu á capital galega con dous deportistas.
Un deles foi Miguel López, na categoría de -42 quilos, que cedeu en primeira rolda ante o portugués Dinis Ribeiro.
Pola súa banda Aroa De Montis (-44 quilos) pasou a cuartos de final ao non presentarse o seu rival, e nesa rolda cedeu ante unha judoka con moita máis experiencia como a leonesa Marina Jalón por dous wazari, deportistas que se proclamaría campioa neste peso. Despois na repesca custoulle sobrepoñerse perdendo ante a coruñesa Yanira Silva.
A pesar de todo a cita serviu de valiosa experiencia para os representantes do Judo Campolongo, que xa pensan en próximas competicións.