Sergio Troitiño (Mat's de Marín) saca billete ao Campionato de Europa Cadete de taekwondo

Por Redacción
Gran noticia para o Mat's de Marín tras a disputa durante a fin de semana da President's Cup for Children de taekwondo celebrada durante a fin de semana na localidade alemá de Sindelfingen.
Ata alí desprazouse un dos seus deportistas, Sergio Troitiño, logrando un resultado brillante que ademais leva premio engadido, a clasificación directa para o Campionato de Europa Cadete da súa categoría.
Troitiño (65 quilos), realizou un torneo notable vencendo no seu primeiro combate ao británico Tristan Neill (8-5) e en semifinais ao grego Dimitrios-Panagiotis Stefanidis (8-4).
Xa na final esperaba o tamén grego Theodoros Ioannidis, ao que superou por K.O. no segundo asalto para facerse coa medalla de ouro do torneo internacional.
Galicia sumou outra medalla na President's Cup grazas ao bronce do vigués Samuel Meilán, do Tao.