
© Mónica Patxot
A marinense Irene Trabazo, no posto 32 do Mundial de ciclocrós de Dinamarca

Por Redacción
A marinense Irene Trabazo conseguiu, esta fin de semana, mellorar a súa posición no Mundial de Ciclocrós, que, nesta ocasión, disputouse na cidade danesa de Bogense. O pasado ano, a deportista finalizou a proba sub-23 en trixésimo cuarto lugar. Este domingo, con todo, grazas a un gran esforzo por parte da pontevedresa, esta cruzou a liña de meta como número 32 do mundo.
O podio da mesma categoría foi para tres holandesas: en primeiro lugar, Inge Van der Heijden; Fleur Nagengast, que conseguiu a prata; e o bronce foi para Ceylin Alvarado.
Pola súa banda, outro dos galegos convocados para a competición internacional: Carlos Canal, procedente de Maceda, logrou meterse no top 10 da proba júnior masculina. O ourensán quedou ás portas do podio pero nunha merecida e satisfactoria sétima posición.
Cabe destacar que a belga Sanne Cant proclamouse este domingo tricampioa do mundo desta modalidade ao facerse, de novo, co ouro en elite feminina.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo lidera a clasificación Sub-23 da Copa de España de Ciclocrós a falta dunha proba
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Irene Trabazo vístese de líder Sub-23 na Copa de España de Ciclocrós antes do seu desembarco en Pontevedra
Por Redacción |
-
Jacobo Ucha acaba primeiro e Irene Trabazo segunda na Copa Galicia de Ciclocrós de Marín
Por Redacción |
-
Top-10 para Irene Trabazo en Holanda
Por Redacción |
-
Irene Trabazo estará no Mundial de ciclocrós
Por Redacción |