Contundente vitoria do Poio Pescamar ante o Palau, colista da categoría (3-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
O Poio Pescamar recibiu esta fin de semana ao colista da categoría, o Palau, que tan só conta cun punto na táboa: o que gañou en Sabadell ante o equipo de Dani Díaz. Este, pola súa banda, chegou á décima sétima xornada de liga co obxectivo de seguir avanzando posicións e, de paso, mellorar o resultado do pasado mes de decembro ante as catalás. E conseguiuno.
Cabe destacar que o choque, programado para as 17:00 horas, non comezou ata 30 minutos despois por mor da ausencia dos árbitros da Federación Española. Por este motivo, decidiron chamar a colexiados da Galega, nesta ocasión, Juan José González e David Álvarez.
Comezaron xa por diante as locais, dominando e impedindo ás barcelonesas chegar á portería de Silvia Aguete. Aos tres minutos do inicio, un gol de Dani Sousa adiantaba ás pontevedresas no marcador. Ante a vantaxe das 'rojillas', as visitantes aumentaron a intensidade en ataque e crearon varias ocasións perigosas, que, con todo, non chegaron a materializarse no electrónico.
Os primeiros minutos da segunda parte caracterizáronse por sucesivas interrupcións de xogo por mor de lesións de xogadoras de ambos os cadros. Ante esta situación, as visitantes víronse beneficiadas, pero non souberon aproveitalo e, no 29', Ceci achegou tranquilidade ao Poio cun tanto desde fóra da área (2-0).
A partir dese momento, aínda cometendo varios errores no plano ofensivo, as anfitrioas continuaron controlando o partido. Finalmente, a falta de menos un minuto para a conclusión, de novo Dani Sousa, tras un pase de Ceci na área, pechou a contundente vitoria no Municipal de Poio (3-0).
Despois de sumar tres novos puntos, dispoñerán, agora, de dúas semanas de merecido descanso da competición (pola celebración da Eurocopa feminina en Portugal), durante as que poderán recuperar forzas para plantarlle cara ao que resta de liga. A próxima cita está programada para o 23 de febreiro ante o Viaxes Amarelle.
POIO PESCAMAR (3): Silvia; Jenny, Ceci, Iria, Dani Sousa (quinteto inicial), Ale de Paz, Jessi, Cárol, Irene García, Inés e Lidiane.
PALAU CLUB (0): Raquel; Marta Luján, Marta Collado; Ingrid Vieites, Mariona (quinteto inicial), Marta Luján, Andrea, Sandra Rovira e Cris.
Goles: 1-0 Dani Sousa (3'), 2-0 Ceci (29') e 3-0 Dani Sousa (39').
Árbitros: Juan José González e David Álvarez, do colexio galego, que mostraron cartulina amarela a Jenny e Irene García, do Poio Pescamar, e a Mariona, do Palau.
Incidencias: Pavillón Municipal de Poio, ante máis de 400 espectadores.
Relacionadas:
-
Inesperada derrota do Poio Pescamar ante un rival asequible, o Sala Zaragoza (2-1)
Por Redacción |
-
Volta á competición ligueira para un Poio Pescamar que busca a terceira praza
Por Redacción |
-
Irene García e Carol Agulla, do Poio Pescamar, medalla de prata con Galicia no Nacional Sub-20
Por Redacción |
-
Vitoria do Poio Pescamar nun duelo vital ante o Universidad de Alicante (5-4)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Vitoria do Poio ante o UCAM Murcia con dous goles de Dani Sousa (2-1)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar perde ante o Ourense e ponse sétimo (4-2)
Por Sofía Lorenzo |