Iago Paz e Sergio Lloves aceptan a proposta do Pontevedra e renovan por unha tempada
Por Diego Espiño
Coa entrada dunha nova semana a composición do primeiro equipo de Pontevedra Club de Fútbol segue collendo forma.
Despois de que Santi Domínguez Adrián Gómez, Richi e Fran Fandiño contestasen afirmativamente á proposta de renovación do Club, agora foron Iago Paz e Sergio Lloves o que se comprometeron por unha tempada máis.
Lloves, gardameta titular durante gran parte do ano despois da súa incorporación o pasado verán procedente do Rápido de Bouzas, cumprirá así o seu segundo ano como granate, mentres que Iago Paz seguirá na que foi a súa casa de sempre, e á que volveu precisamente esta tempada.
Nos próximos días espérase a contestación do resto de futbolistas aos que o club presentou unha oferta de renovación: Edu Sousa, Caco, Jacobo, Tubo, Javi Pazos, Pacheco, Yago Vázquez, Lorenzo Riveiro, Iago Paz, Pablo González e o xuvenil Emilio, este cunha proposta enriba da mesa de dous anos de duración.
Relacionadas:
-
Iago Paz chega a un acordo co Pontevedra para rescindir o seu contrato
Por Redacción |
-
Pablo González confirma que tamén seguirá un ano máis no Pontevedra
Por Redacción |
-
Seguen as renovacións: Santi Domínguez acepta a oferta do Pontevedra para continuar unha tempada máis
Por Diego Espiño |
-
Moisés, Stefan, Nano e Sestelo únense a Cristóbal Juncal na lista de baixas do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |