Quique Cubas regresa ao Arosa catro tempadas despois
Por Redacción
Máis pólvora para o Arosa, que confirmou este xoves a incorporación de Quique Cubas.
O dianteiro pontevedrés regresa así catro tempadas despois á que foi a súa casa para tentar axudar ao equipo arlequinado na súa pelexa por remontar posicións e achegarse ao play- off, agora a 8 puntos de distancia.
Cubas, que estaba a xogar actualmente no Somozas, decidiu cambiar de aires debido a motivos extradeportivos, e chegou a un acordo para reforzar aos de Vilagarcía.
As xestións intensificáronse nas últimas horas, especialmente tras a baixa federativa de Daniel Mauri.
Desta forma Rafa Sáez suma unha nova peza ao equipo e de maneira inmediata, xa que Quique Cubas ten previsto incorporarse este mesmo xoves aos adestramentos e estará dispoñible para o choque do domingo na Lomba ante o Céltiga.