Estudos biomecánicos como preludio á tempada do Froiz
Por Redacción
O inicio dunha nova tempada deportiva está ao virar a esquina para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
Antes diso, a modo de preludio, a escuadra alimenticia comezou a realizar os habituais estudos biomecánicos dos ciclistas, un estudo que levan a cabo nun centro de I+D Cycling de Vigo, da man de Biomecánica San Lázaro.
Con esta tecnoloxía, que analiza a posición e o movemento do corredor encima da súa máquina para corrixir malas posturas, téntase maximizar o rendemento do deportista á vez que se pretenden evitar lesións.
Ademais de analizar o movemento en 3D, tamén se comproba a presión sobre o sillín e se o ciclista vai ou non correctamente sentado.
Durante as próximas dúas semanas os ciclistas do Froiz irán someténdose a este estudo previo á tradicional concentración do equipo que marca o inicio da tempada, e que se celebrará en Pontevedra do 12 ao 15 de febreiro.
Relacionadas:
-
Confianza no Froiz ante a inminente estrea da Copa de España
Por Redacción |
-
Retos ambiciosos do Froiz no inicio da súa 31 tempada no pelotón
Por Diego Espiño |
-
O Froiz presenta a súa nova arma para unha tempada na que aspira a todo
Por Redacción |
-
Evaristo Portela e Nieves Gamallo reciben a distinción da Xunta ao mérito deportivo
Por Redacción |