Exhibición do Súper Froiz na Volta ás Comarcas de Lugo
Por Redacción
O corredor do Grupo Deportivo Supermercados Froiz Miguel Gómez adxudicouse a clasificación xeral dunha Volta ás Comarcas de Lugo dominada polo seu equipo.
A escuadra alimenticia levouse, ademais da xeral, a clasificación por equipos e grazas a Martín Lestido o premio ao primeiro sub-23 e ao mellor galego.
Para completar a grande actuación do equipo, tres compañeiros escoltaron a Miguel Gómez entre os cinco primeiros: Raúl García de Mateos (3º), Antonio de Segovia (4º) e Martín Lestido (5º).
O Froiz adxudícase así a súa segunda volta por etapas da tempada, despois da da Coruña, uns días antes do cal comece o Gran Premio Abimota de profesionais, que se disputa entre o próximo sábado 8 e luns 10 cunha primeira etapa en territorio galego entre Santiago de Compostela e Vigo.