Top-10 para Irene Trabazo en Holanda
Por Redacción
Positiva fin de semana de competición para Irene Trabazo, que sumou unha importante experiencia internacional nos Países Baixos.
A ciclista marinense comezou a fin de semana cun sobresaliente Top-10 no Internationale Cyclocross Rucphen, de categoría C2. Na cita holandesa Trabazo finalizou décima a 2:31 da vencedora, Inge Van Der Heijden.
Pero aí non se terminou o periplo competitivo da representante do Club Ciclista Marín, que o domingo tomou parte na última cita da tempada na Copa do Mundo, nunha carreira celebrada en Hoogerheide.
Neste cita de nivel. disputada nun terreo completamente enlamado, Irene concluíu no posto 62 a 8 minutos e 41 segundos da primeira clasificada, a neerlandesa Lucinda Brand.
Agora, antes de finalizar a tempada de ciclocrós, aínda queda por diante un reto maiúsculo, participar no Campionato do Mundo da especialidade que terá lugar os días 2 e 3 de febreiro en Bogense, Dinamarca.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo vístese de líder Sub-23 na Copa de España de Ciclocrós antes do seu desembarco en Pontevedra
Por Redacción |
-
Jacobo Ucha acaba primeiro e Irene Trabazo segunda na Copa Galicia de Ciclocrós de Marín
Por Redacción |
-
A marinense Irene Trabazo, no posto 32 do Mundial de ciclocrós de Dinamarca
Por Redacción |
-
Irene Trabazo estará no Mundial de ciclocrós
Por Redacción |
-
Unha avaría acaba coas opcións de Irene Trabazo en Francia
Por Diego Espiño |
-
A primeira gran cita deportiva do ano en Pontevedra chega á súa fin cun ambiente fantástico
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Campionato de España de Ciclocrós comeza con medalla de ouro para Galicia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |