Adrián Mouriño marcha cedido ao Rápido de Bouzas
Por Diego Espiño
Antes de entras, hai que facer sitio. Con esa máxima empezou a moverse o Pontevedra coa súa primeira xestión confirmada no mercado invernal.
O club granate fixo oficial á primeira hora deste xoves a saída de Adrián Mouriño, que "formará parte do plantel do Rápido de Bouzas ata final de tempada", reza o comunicado da entidade de Pasarón.
Mouriño, que encaraba o seu quinto curso defendendo a elástica granate, buscará así na mesma categoría os minutos que esta campaña estábanselle negando.
En todo caso a súa saída prodúcese en forma de cesión, sinalando o Pontevedra que "espera a súa volta".
Coa súa baixa federativa quedan agora dúas fichas sénior dispoñibles, sumando a do lesionado Javi López, que serán ocupadas por uns reforzos que están ao caer.
Adrián Mouriño será presentado este xoves ás 12:00 horas co seu novo club no Estadio Baltasar Pujales.
Relacionadas:
-
Incógnitas por resolver nas últimas horas do mercado de fichaxes
Por Diego Espiño |
-
Terceiro asalto do mes entre Pontevedra e Navalcarnero con 3 valiosos puntos en xogo
Por Diego Espiño |
-
Borja Domínguez: "Resté importancia al dinero porque consideraba que aquí iba a estar bien"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra enfrontarase ao Cornellà en cuartos de final de Copa Federación
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra fai oficial a fichaxe de Borja Domínguez
Por Diego Espiño |
-
Sofre o Pontevedra pero empata en Navalcarnero (1-1) e avanza na Copa Federación
Por Redacción |
-
Borja Domínguez, peza cobizada no mercado á que aspira o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A chegada de dous reforzos ao Pontevedra, cuestión de horas
Por Diego Espiño |
-
Cae coa cabeza alta un bo Pontevedra en León (2-1)
Por Redacción |